Características

Características

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, de interese galego, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de forma duradeira o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan nos seus estatutos.
A fundación ten a condición de fundación do sector público autonómico de Galicia.

Órgano de goberno

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica réxese polo padroado, como órgano de goberno, control e representación, integrado por un presidente de honra, un presidente, un vicepresidente, os vogais e un secretario.

Composición do Padroado

O Padroado é o órgano superior de goberno da Fundación, que asume o seu control e representación, e está composto por:
  • Presidente de honra:
    Presidente da Xunta de Galicia.
  • Presidente:
    Conselleiro de Sanidade.
  • Vicepresidente:
    Xerente do Servizo Galego de Saúde.
  • Vogais natos:
    Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
    Directora Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
    Directora Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.
    Xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza
    Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee
    Xerente da Área Sanitaria de Vigo
    Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
    Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
    Xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios.
    Director executivo da Fundación.
  • Vogais electivos:
    Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Secretaria:
    Subdirectora xeral de Réxime Xurídico e Administrativo.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde