Xenética oncohematolóxica

Xenética oncohematolóxica

En que consiste
 
A xenética oncohematolóxica encárgase do estudo de marcadores de malignidade citoxenéticos e/ou moleculares que se atopan nas neoplasias hematolóxicas para axudar a establecer o diagnóstico, prognóstico, manexo e seguimento do paciente.
 
Profesionais
 
Realizan esta actividade graduados superiores e técnicos de laboratorio con formación específica e con ampla experiencia no campo da xenética.
 
Para que serve
 
Para o diagnóstico, prognóstico e tratamento do paciente.
 
Quen solicita estes servizos
 
As probas de xenética oncohematolóxica solicítanas o Facultativo/a Especialista en Hematoloxía

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde