Dito Código ético establece os criterios básicos de conduta e responsabilidade profesional no funcionamento da Administración autonómica. Así mesmo, recolle as pautas, os criterios, as regras e as orientacións que se deben observar na actuación das autoridades e demais persoal ao servizo do sector público autonómico, así como a aplicación do réxime disciplinario e de responsabilidade que proceda.
Este código sintetiza dun xeito conciso e sinxelo as principais pautas básicas reguladoras que deben orientar e presidir as actuacións e o desempeño profesional no ámbito da Administración autonómica galega.
Para isto, marca parámetros de carácter obxectivo e xeral, incorpora compromisos reforzados e establece, ademais, criterios interpretativos para unha aplicación máis efectiva do ordenamento xurídico vixente e contribuír deste xeito a definir un modelo de conduta ética con plenas garantías de coherencia, transparencia e seguridade xurídica.