Farmacoxenética

En que consiste
 
As probas xenéticas empregadas como unha ferramenta que pode axudar a determinar o mellor medicamento para un paciente coñécense como farmacoxenéticas. Diversos factores, como a idade, estilo de vida, outros medicamentos que estea a tomar o paciente e o seu estado xeral de saúde, téñense sempre en conta polo facultativo á hora de elixir o tratamento adecuado para unha patoloxía concreta.
 
Tamén algúns xenes son responsables da forma en que o organismo procesa os medicamentos. As probas farmacoxenéticas buscan detectar aqueles cambios nestes xenes que poden determinar se un medicamento podería ser un tratamento efectivo para un paciente ou se poderían aparecer efectos secundarios tras a súa administración. Para iso emprégase normalmente como mostra de análise o sangue do paciente.
 
Unha das características das probas farmacoxenómicas é que non requiren novas análises para unha condición previamente estudada, dado que a información xenética dun individuo non cambia co tempo. Sen embargo, é posible que se necesiten outras probas farmacoxenómicas se se administra outro medicamento. Cada medicamento está asociado cunha proba farmacoxenómica diferente.
 
A necesidade de probas de farmacoxenómica determínase de forma individual e ha de ser avaliada polo facultativo que prescribe o medicamento. Se os resultados dunha proba de farmacoxenómica suxiren que é posible que non exista unha boa resposta a un medicamento ou a aparición de efectos adversos, outros membros da súa familia poden ter unha resposta similar.
 
Limitacións actuais das probas de farmacoxenómica
 
Unha soa proba de farmacoxenómica non se pode usar para determinar como responderá a todos os medicamentos. É posible que se necesite máis dunha proba de farmacoxenómica se un paciente está a tomar máis dun medicamento. As probas farmacoxenómicas non están dispoñibles para todos os medicamentos. De feito o número de probas farmacoxenéticas actualmente dispoñibles é moi limitado. O facultativo que prescribe o medicamento é quen debe avaliar a conveniencia dunha proba farmacoxenética antes de comezar un tratamento específico.