Quen somos

A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) constituíuse mediante o decreto 451/2003, de 26 de decembro. A Xunta de Galicia asume a función de protectorado. As facultades deste son exercidas pola Consellería de Sanidade e vincúlanse ao Servizo Galego de Saúde.

As súas funcións
 
Garantir o acceso dos cidadáns a probas xenómicas útiles que necesiten, en condicións de equidade.
 
Promover a coordinación cos servizos hospitalarios da rede sanitaria pública de Galicia, tanto na atención primaria como na atención especializada.
 
Órganos da Fundación
 
A fundación réxese polo padroado, como órgano de goberno, control e representación, integrado polo presidente de honor, o presidente, o vicepresidente, os vogais e o secretario.
 
Órganos de xestión da Fundación
  • ​O director executivo.
  • O director técnico.