Xenética oncohematolóxica

Xenética oncohematolóxica

En que consiste
 

A xenética oncohematolóxica estuda os marcadores citoxenéticos e moleculares asociados ás neoplasias hematolóxicas, co obxectivo de contribuír ao seu diagnóstico, establecer o prognóstico e orientar o tratamento e o seguimento das persoas afectadas.

 
 
Para que serve
 
Para o diagnóstico, prognóstico e tratamento da persoa afectada.
 
Quen solicita estes servizos
 

As probas de xenética oncohematolóxica son solicitadas polo persoal facultativo especialista en hematoloxía.