Asesoramento xenético

Asesoramento xenético

En que consiste
 
A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ofrece avaliación e asesoramento xenético para nenos e adultos con enfermidades xenéticas coñecidas ou sospeita das mesmas.
 
O asesoramento ofrécese a adultos, familias e parellas que padezan ou teñan risco de ter fillos cunha enfermidade xenética de orixe hereditaria.
 
As indicacións comúns para a derivación á consulta de asesoramento xenético xeneral inclúen atrasos no desenvolvemento ou problemas de aprendizaxe, defectos de nacemento, trastornos do crecemento, problemas de visión ou audición, distrofias musculares e trastornos metabólicos ou endocrinos. Outras persoas que poden beneficiarse dunha avaliación xenética inclúen a aqueles que teñen unha condición xenética coñecida, familias que teñen varias persoas coa mesma condición e pais que están preocupados por transmitir unha condición aos seus fillos.
 
Profesionais
 
Realizan esta actividade graduados superiores con formación específica e con amplia experiencia no campo da xenética.
 
Quen solicita estes servizos.
 
A consulta de asesoramento xenético normalmente solicítase desde atención primaria ou polos distintos especialistas. A consulta realízase nas instalacións da FPGMX de luns a venres en horario de atención ao público (9.00 a 16.00 horas). É necesario concertar cita. Unha consulta de asesoramento xenético xeralmente inclúe unha revisión da historia clínica, dos antecedentes familiares e unha discusión de posibles condicións xenéticas. Esta consulta non substitúe un exame clínico a realizar polo correspondente especialista.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde